Feitos e cifras sobre as tendencias demográficas e de recursos hídricos:
- A poboación mundial está crecendo preto de 80 millóns de persoas por ano, o que implica unha demanda de auga doce de aproximadamente 64 billóns de metros cúbicos por ano.
- Aproximadamente un 90% dos 3 billóns de persoas que se espera que se engadan á poboación mundial cara ao 2050 estará localizada en países en desenvolvemento, moitas delas en rexións onde a poboación actual non ten un acceso sostible ao auga potable nin a adecuados servizos sanitarios.
- A maior parte do crecemento poboacional ocorrerá en países en desenvolvemento, principalmente en rexións con problemas de recursos hídricos e en áreas con acceso limitado ao auga potable e a un adecuado servizo sanitario.
- Máis do 60% do crecemento mundial da poboación entre o 2008 e o 2100 ocorrerá en África Subsahariana (32%) e o Sur de Asia (30%). Xuntas, espérase que estas rexións representen máis ou menos a metade da poboación mundial para o ano 2100.
- Para o ano 2050, espérase que un 22% da poboación mundial teña máis de 60 anos de idade, contra un 10% en 2005. Ao mesmo tempo, preto da metade da poboación mundial terá menos de 25 anos.
- A demanda de recursos naturais, incluíndo a auga doce, incrementarase debido a esperanzas de vida moito máis longas, á globalización do comercio e á publicidade suxestiva que estimula o consumo por parte da xente nova tanto en países desenvolvidos como en desenvolvemento.
- Espérase que a poboación urbana se duplique entre o ano 2000 e o 2030 en África e Asia. Para o 2030 as cidades e pobos do mundo en desenvolvemento representarán aproximadamente un 81% da humanidade en áreas urbanas.
- Espérase que para o ano 2030 o número de habitantes urbanos sexa maior en 1,8 millóns de persoas máis que en 2005, e que constitúan preto dun 60% da poboación mundial.
- Hoxe, hai aproximadamente uns 192 millóns de migrantes contra 176 millóns no ano 2000.
- As áreas costeiras, con 18 das 27 mega cidades (10 millóns de habitantes ou máis), crese afrontarán as máis fortes presións migratorias.
- Perto dun 75% da poboación localizada en áreas baixas está en Asia, sendo os máis pobres os máis vulnerables.
- A implicación destes procesos demográficos é clara, o mundo terá substancialmente máis xente en áreas urbanas e costeiras vulnerables nos próximos 20 anos.
- Espérase que un 95% do incremento da poboación urbana se dea en países en desenvolvemento, sobre todo en África e Asia, onde se proxecta que a poboación urbana se duplicará entre o 2000 e o 2030.
A sección "Sabías que?..." foi tomada do 3eiro. Informe sobre o desenvolvemento dos Recursos Hídricos no Mundo "A auga nun Mundo en Constante Cambio".
Fonte: e-Boletín da auga da UNESCO Nº 249: Tendencias demográficas e de recursos hídricos. 29 de Abril de 2011.
Fonte da Foto: Algúns dereitos reservados por diegoperez74
Esta foto foi tirada en 11 de Febreiro de 2008 en Guitiriz, Galiza.
______________