Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga

sábado, 2 de abril de 2011

Ofensiva institucional para defender a Lei de Augas cunha sesión informativa convocada a través do DOG

Informa-nos o compañeiro Suso Pazos -susopazos@yahoo.es- que no DOG do 29 de Marzo de 2011, aparece publicada unha información sobre unha sesión informativa sobre a lei de auga.

A Escola Galega de Administración Pública coa colaboración de Augas de Galicia e co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, organiza unha xornada sobre a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

O obxectivo da sornada é o de "dar a coñecer a Lei de augas de Galicia, fundamentalmente nos seus aspectos tributario, de abastecemento, de saneamento e de depuración".

Os contidos serán:
  • Réxime xurídico da xestión das augas.
  • A Lei de augas de Galicia: principais novidades.
  • A Lei de augas de Galicia: a xestión do canon da auga e do coeficiente de vertedura.
  • Os tributos establecidos na Lei de augas de Galicia.
  • Abastecemento de poboacións e saneamento e depuración de augas residuais urbanas.
  • Planificación de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais.
  • Os plans de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais en Galicia.
A xornada desenvolvera-se en Santiago de Compostela, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada no polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4. o 13 de Abril de 2011. Prevendo-se unha duración de 7 horas lectivas, en horario de mañá e tarde. Cun número de prazas limitado pola capacidade do local.

Ademáis de esta información, a participación nestas xornadas, será a través dunha solicitude que aparece no anexo da orde.

Na orde aparece toda a información reflexada.


Enlace coa resolución na Web da Xunta de Galicia:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2011.nsf/FichaContenido/CA92?OpenDocument

Versión completa da disposición en formato pdf: 06200D012P074.PDF
_______________

Nenhum comentário:

Postar um comentário