Por Francisco Maceira [*]
15.03.2011
Vivimos no país das mil maneiras de chover. Se hai algo que caracteriza a Galicia é a auga. É a nosa esencia, a nosa alma. A Xunta, co subterfuxio da nova lei de augas, acaba de poñela á venda.
Coa Lei 9 / 2010 na man non somos donos da traída que fixo o avó, do cano do prado, do rego de auga, do pozo... As nosas fontes non tardarán moito en ter un candado coas iniciais dalgunha multinacional do sector servizos. Nas cidades a situación non é menos grave, pois xa hai tempo que empresas privadas estannos a cobrar por algo que non se pode vender. Que é tan noso como o sol ou o aire que respiramos. Todo esto apúranse a desmentilo desde a Xunta porque hai cousas que non convén que se saiban antes das eleccións municipais.
O próximo domingo día 20 as plataformas en defensa da nosa auga organizan unha gran manifestación en Santiago. Debemos acudir para que se derogue esta lei tan prexudicial e os versos máis emblemáticos da nosa Rosalía non se convirtan en profecía. Xa puxeron á venda os nosos aeroportos, autoestradas, educación, sanidade ... pero agora estamos ante un caso máis grave aínda. Queren privatizar a alma do noso país e o 70% dos nosos corpos.
Martes, 15 de Marzo de 2011
[*] Francisco Maceira Rodíguez -Ferrol, 1963.
f.maceira@hotmail.com
Publicado nos xornais "Diario de Ferrol" e "La Opinión de A Coruña"
Foto de Suso Pazos - Susete'70, do seu álbum Fotos de Ferrol Terra.
____________
Nenhum comentário:
Postar um comentário