Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga

quarta-feira, 16 de março de 2011

Programa monográfico de "Atenta" en Rádio Filispim, sobre a Loita contra a "Lei de Augas de Galicia"

No programa nº 21 de "Atenta" que se emite en directo os Martes de 8 a 9 da noite, dous días máis en diferido e queda publicado na Rede, onte Martes 15 de Marzo de 2011, falaron sobre a "Lei de augas de Galicia", lei coa que o Partido Popular pretende privatizar este recurso natural. Para saber das loitas que se están levando a cabo para derrogar esta lei, falaron con Carmen Freire, Secretaría Xeral do Sindicato Labrego Galego, tamén falaron dos actos organizados na Comarca, pola Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga e da manifestación convocada para este domingo 20 de Marzo en Compostela.

Falaron tamén dos documentais que tratan sobre a privatización da auga que son:

Flow: por amor á auga

Sed: invasión gota a gota

Accede ao programa online aquí:



Descargar o audio

Fonte: atentarfm.blogspot.com

Rádio Filispim
_______________

Nenhum comentário:

Postar um comentário