Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:
- D. Francisco Menéndez, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
- D. Joaquín Suárez, Dr. Enxeñeiro de Camiños, profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños e membro do GEAMA.
- D. Manoel Docampo, membro da dirección executiva do Sindicato Labrego Galego.
- Dna. Montserrat Valencia, asesora xurídica da Asociación Amigos da Terra.
- D. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.
- Representante da empresa privada de xestión e tratamento de augas.
A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011, ás 16:00h na Sala de Grados 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).
Fonte: http://esfgalicia.blogspot.com/2011/03/p-margin-bottom-0.html
----------
Nenhum comentário:
Postar um comentário