Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga

quinta-feira, 14 de abril de 2011

A Plataforma Galega contra a Lei de Augas amósalle ao conselleiro Hernández a súa repulsa por privatizar o dereito dos galegos e das galegas a beber e a vivir


Unha vintena de representantes das organizacións que forman parte da Plataforma Galega contra a Lei de Augas, concentráronse hoxe, 13 de abril, diante da sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Compostela. A mobilización coincidiu cunha xornada formativa sobre a Lei de Augas e a súa inauguración a cargo do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.


En declaracións aos medios de comunicación, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, que falou en nome da Plataforma, recordou que “a Lei de Augas é unha das máis lesivas que se teñen ditaminado en contra do pobo galego, pois supón converter o noso dereito á auga nun negocio, e permitir que empresas privadas cobren por un recurso básico para a vida”. Respecto á concentración de hoxe, na inauguración da xornada sobre a Lei de Augas na EGAP, Carme Freire declarou que “sabemos que a loita pode ser longa, mais o conselleiro de Medio Ambiente e o Goberno Galego deben saber que se van atopar coa contestación social alá onde vaian defender a aplicación desta lei”.

Saúdos dende a Plataforma Galega contra a Lei de Augas

Compostela, 13 de abril de 2011

Plataforma Galega contra a Lei de Augas
nonaleideaugas@mundo-r.com
http://plataformacontraleideaugas.blogspot.com

Son membros da Plataforma Galega:
Nota.-
Se desexan máis información, poden falar con Carme Freire (Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego), en representación da Plataforma Galega, no 619 348 426.

Documentos:

Comunicado da Plataforma Galega
-----

Nenhum comentário:

Postar um comentário