[Na foto: Francisco Bello, Francisco Menéndez e Jacobo Feijóo]
A Xunta de Galicia, a través do actual presidente de Augas de Galicia -Francisco Menéndez, e os representantes do sindicatos: Unións Agrarias | UPA -Jacobo Feijóo, e Xóvenes Agricultores | Asaja Galicia -Francisco Bello, escenificaron, onte, a ratificación do Pacto polo que din que "se establecen as pautas para consensuar a regulación e aplicación do canon da auga, no marco da Lei de Augas".
Acordo
Con anterioridade, desde este sitio na rede, dabamos conta do acordo, mais onte xa foi ratificado.
No transcurso das declaracións aos medios sobraron frases lindas como "unha nova política da auga para fomentar o uso sostible por parte da cidadanía, ..." ou "'discrimina positivamente' ao rural, ..."
Pode-se acceder á noticia -non ao documento en si que ainda non temos constancia de que fose publicado, na web da Xunta de Galicia, onde se relata en detalle o contido do acordo e as "excelencias" do mesmo e da propia Lei. Así como as críticas a quen denunciamos e mobilizamos contra a mesma.
Criticas
Por unha banda a oposición parlamentar, sen nomea-la.
Que no caso do PSOE, quedou só no voto desfavorábel á mesma cando se aprobou en sesión parlamentaria e en aopiar algunhas mocións cando estas se presentaban en diferentes concellos.
No caso do BNG, a oposición foi mas aló, presentou unha proposición de lei no Parlamento para a modificación de varios artigos da Lei. Presentou mocións en diferentes concellos no mesmo senso que a proposición de Lei citada, mais no concello de Ferrol apoiou unha moción onde se solicitaba a derrogación da Lei de Augas. Realizou moitos actos por toda Galiza e presentou máis de 14.000 asinaturas contra a Lei. Alguns representantes do BNG, participaron na Manifestación Nacional do pasado 20 de Marzo.
Máis o que sin foi nomeado foi o Sindicato Labrego Galego -SLG, promotor da Plataforma Galega contra a Lei de Augas, que foi a que organizou a citada manifestación do 20 de Marzo, Plataforma que ten como obxectivo a derrogación da Lei e que desenvolve unha importante e consecuente actividade, para desenmascarar todo o que se esconde detrás da citada Lei, impedindo mediante este observatorio permanete e accionar -que é a Plataforma- que podidan levar até o final os seus obxectivos privatizadores e facer da auga unha mercaduria máis, na lóxica do mercado capitalista.
A outra oposición á Lei de Augas, parte do movimento ecoloxista galego que elaborou un completo manifesto e que manten certas discrepancias coa Plataforma e o Sindicato Labrego Galego, cando se fala do prezo da auga. Discrepancias estas que é necesario abordar e debater sen máis demora.
Análise
Á espera dunha análise, máis en profundidade, podemos dicer que este acordo da Xunta con varios sindicatos agrarios, ten o obxectivo, en primeiro lugar, electoral, diante das vindeiras elecións municipais do 22 de Maio, o PP non se podía permitir o luxo de afronta-las sen acadar este acordo que ven a ceder ante as demandas dun importante sector do agro galego; en segundo lugar pretende desacreditar e desautorizar ao Sindicato Labrego Galego, chegando a acordos cos outros dous sindicatos maioritarios do sector; e en terceiro e último lugar, ten un obxectivo desmobilizador accedendo a varias das demandas formuladas comprometendo-se a que figuren no anteproxecto de regulamento do canon da auga.
___________
Nenhum comentário:
Postar um comentário